Participas?

Desde Fotos Contra a Guerra buscamos recompilar imaxes cedidas por quen queira unirse a esta idea e dicir con imaxes «NON á súa guerra, NON no noso nome».

As fotos non teñen que ser necesariamente de conflitos, pode ser calquera tema que consideres.

Gustaríanos contar coa túa participación. Para unirte, envía a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., o seguinte:

  • Unha fotografía en arquivo jpg de 1024 píxeles polo lado maior.
  • Título.
  • Nome do autor ou autora.
  • Lugar da toma e breve pé de foto.
  • Lugar e país de residencia.
  • Breve texto de presentación ou currículo, (opcional).

Fotos Contra a Guerra é unha iniciativa sen ánimo de lucro.

Aviso legal: O feito de enviar unha foto para participar en Fotos Contra a Guerra implica por parte do autor ou autora a cesión dos dereitos de publicación polo tempo máximo que permite a lei, na web ou en calquera outro medio ou soporte relacionado coa difusión de Fotos Contra a Guerra. Así mesmo, a autora ou autor da imaxe declara posuír todos os dereitos sobre os seus contidos, eximindo a Fotógrafos Contra a Guerra de calquera responsabilidade ou reclamación sobre a fotografía cedida. O autor sempre poderá exercer o seu dereito de revogación por escrito, solicitando a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. a baixa da súa foto da web de Fotos Contra a Guerra e de todos os soportes nos que sexa posible suprimir a imaxe.