Manifesto

Fotos Contra a Guerra

Contra as malditas guerras mobilízanse as artes, as letras, o traballo e o lecer, os xestos e as palabras, pero parece que non queren oír.

Debemos tentalo todo pola vida libre e pacífica dos pobos. Convertamos as nosas imaxes en armas contra as guerras.

Este é o fin da galería na rede, sen ánimo de lucro, aberta a todas as persoas que queiran expresar o seu rexeitamento ás guerras a través das súas imaxes. Unha denuncia ante os gobernos implicados para que paren o espolio de riquezas a cambio da vida e o sufrimento das persoas.

Envía a túa fotografía e súmate a esta denuncia.