A Frouxeira

A Frouxeira

  • AUTOR: © Xosé Manuel Otero
  • LUGAR DA TOMA: Faro de A Frouxeira, Valdoviño - Galicia.
  • RESIDE: Lugo, Galicia

Faro de A Frouxeira, Valdoviño - Galicia. Situado en la Punta de a Frouxeira, anteriormente fue terreno militar y aún conserva túneles y emplazamientos de cañones)

Xosé Manuel Otero

Natural da comarca de Chantada e reside dende os dez anos na cidade de Lugo.

O contido da súa fotografía foi inicialmente fotografía de tipo social, percorrendo todas e cada unha das grandes cidades de Galiza así como un gran número de vilas, fotografando actos culturais, festivos, relixiosos ou simplemente cotiáns, evolucionando cada vez máis a temas fundamentalmentes abstractos.

No relativo a técnica, aposta decididamente polos procesos químicos de Branco e Negro como un valor engadido a súa obra. A manipulación completa do proceso de elaboración de cada fotografía, fai que ésta sexa un producto único e individual do autor, sen intermediarios e sen puntos de vista alleos ó mesmo. Isto o que conleva é un producto final artesano, persoal e irrepetible.


Empeza expoñendo no 1999 na colectiva “Feminino”da sala BACAVÚ de Lugo.


Dende entón participou en preto de 40 exposicións individuais ou colectivas, fundamentalmente en Galiza: Museos como o de Ourense, Rivadavia, Fonsagrada ou Lugo; Casas de cultura como a de Santiago, Chantada, Monforte...; Universidades como León ou Santiago, sás particulares e públicas en A Coruña, Lugo, Barcelona, Braga, Xixón, Madrid ... etc

Membro activo do movemento “Falando en Prata” que promove a fotografía arxéntea a nivel de España, con tres exposicións itinerantes circulando por distintas sás e certames do estado.

Ten diversas colaboración en distintos medios gráficos como El Progreso de Lugo, Artesonado, Entremuros... Tamén colabora gráficamente na edición de diversos libros e calendarios.